Site icon Crónica3.com A Mariña

Sinatura do convenio de colaboración cultural entre o Concello de viveiro, Afundación e Abanca

Viveiro 7-7-17. O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Afundación e Abanca para acoller a mostra “Nós tamén fomos emigrantes”, que poderá verse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 7 ao 30 de setembro; participaron no acto de sinatura María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro; Beatriz Fernández-Anguiano García, Coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo; e Carlos Teijeiro Pita, director de zona da Mariña de Abanca.

A exposición está formada por corenta fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX, formando parte esta colaboración do proxecto Corrente Cultural.

Dende o concello considérase que é unha actividade cultural moi interesante que ofrece aos veciños e veciñas de Viveiro a posibilidade de achegarse a unha realidade histórica, a da emigración, que afectou de maneira especial ao territorio galego.

Exit mobile version