Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha de títeres. A política do compadreo do PP de Foz, para o PSdeG

Foz 19-07-2017.- Unha vez mais o PSOE de Foz e os veciños do pobo amanecemos coas falsas acusacións por parte do PP da localidade nos medios de comunicación.

Parece que cando non teñen ningún argumento para criticar a labor dos concelleiros socialistas e do Partido Socialista na oposición o PP, saca á palestra ao títere do alcalde, o Sr Rivas, que pon en marcha o ventilador das falsas acusacións e solta unha ristra de mentiras.
A palabras necias oídos xordos di o refraneiro español, pero este caso demostra que o Sr Rivas e o PP móvense moi ben no fango e que teñen un odio visceral polos compañeiros socialistas, Xosé Ramón Val e Xaime Cancio.

Xa están en campaña electoral e como non teñen ningún argumento de peso para contrarrestar a boa labor do grupo socialista dedícanse a mentir para facer responsable ao PSOE de todos os males de Foz.
Pódese dicir que entra dentro do xogo político que exista un cruce de acusacións entre partidos, pero o que fai o PP xa transcende de xogo político, cando en aras de atacar ao Partido Socialista e a algúns dos seus membros utiliza sen o mais mínimo rubor a colectivos e comerciantes do pobo pregoando que están manipulados.

Menten ao afirmar que o PSOE esta detrás dos veciños de Forxán para paralizar a depuradora ou das queixas dos comerciantes a obra da Avenida da Mariña para paralizar as obras. Menten por que non entenden nin admiten que se poida ter unha posición contraria á do PP e do Alcalde.

Da vergonza allea a maneira que ten o PP de Foz de facer, digamos política?, si é que se lle pode chamar así a lanzar acusacións sen ningún tipo de proba, probas que loxicamente non existen posto que todo esta na imaxinación dun PP que perde os papeis e minte cando calquera, sexa un veciño ou sexa a oposición, ten algo que dicir sobre a maneira de actuar e planificar do Sr. Alcalde. Menten por que non saben facer política sen chulería nin autoritarismo. Sábeno ben os veciños e asociacións de Foz que teñen que soportar día tras día a mala educación de un alcalde que se supón que é o alcalde de todos.

Déixense de monsergas Sres. do PP, dedíquense a traballar por Foz e atendan as demandas da oposición que se fan por ben dos veciños. Nun tema como o de parar as obras da Avenida da Mariña no verán, toda a oposición estivo de acordo, non so o PSOE que tivo un papel menor, senón tamén FPF e BNG cuxa moción saíu adiante.

Minte o PP por que quere ocultar as súas propias vergoñas. Si alguén ten algo que agochar é precisamente o Sr. Castiñeira, un Alcalde títere en mans de un construtor que se esta facendo rico acaparando a practica totalidade das obras públicas do concello de Foz. Non importa que sexan inferiores a 50.000€ ou superiores e teñan que saír a concurso, sempre as leva o mesmo. É el quen dirixe a política do PP focense e esta é a súa política, a dos desdeñables clientelismos, amiguismos e compadreos. E isto o partido socialista si que pode probalo, é mais, esta recollido nas contas do concello das que aínda non deu, o alcalde, unha explicación coherente de por que fai algo a todas luces ilegal, fraccionando contratos para favorecer á empresa de dito construtor tendo que levar logo a pleno as súas facturas para que lle sexan levantados os reparos do interventor que presentan.

De iso debería preocuparse o PP, non vaia a ser que, tempo o tempo, lles pase como en moitos outros lugares de España e sexa un fiscal o que se preocupe por esas presuntas ilegalidades e non por como se organizan ou que cargos teñen os socialistas, que lles poden gustar mais ou menos, pero son algo completamente legal.

Exit mobile version