Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Lagoa (Alfoz), estrearán unha obra de teatro durante as festas do Santiago

Lagoa 19-7-17aAlfoz 21-7-17. Alfoz leva décadas demostrando a súa querenza pola arte dramática. Anualmente, celébrase o Mes do Teatro durante as fins de semana de novembro, e por outra banda, o municipio é berce de varios grupos de teatro amateur, mais no outono pasado frutificou unha iniciativa de ámbito parroquial.

A idea xurdiu cando os veciños de Lagoa participaron nas olimpiadas parroquiais que teñen lugar no municipio ano tras ano, daquela, nunha das edicións, aproveitando o ambiente de cohesión veciñal, falouse de buscar voluntarios para ensaiar unha obra no futuro.
A convocatoria divulgouse no pasado outono a través dun cartel sinxelo, onde se animaba á veciñanza da parroquia a participar nunha reunión inicial na escola de Martille (unha antiga escola unitaria); a data sinalada era o 20 de novembro e o obxectivo resultaba evidente: artellar unha obra de teatro.
O argumento expresado no cartel non podía resultar máis convincente: “As noites son moi longas no inverno e hai que enchelas con algo; se pode ser divertido, moito mellor”.
Deste xeito, nove veciños de Lagoa veñen de se converter en actores e actrices, habelencia que mostrarán na estrea do próximo luns, 24 de xullo, ás 9 da noite no campo da festa, coincidindo cos actos conmemorativos do Santiago, patrón de Lagoa.

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos ’60 por Xosé Manuel Carballo (crego e escritor chairego), intitulada O menciñeiro á forza. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.
Os decorados foron elaborados polos propios actores de xeito artesanal; e coa axuda da Comisión de Festas e mais do Concello de Alfoz, sacaron adiante o evento máis agardado das festas de Lagoa.
O propio Xosé Manuel Carballo foi convidado á estrea do luns, mais non puido confirmar aínda a súa asistencia por estar a se recuperar dunha operación cirúrxica.
Desde o cadro actoral, desexan animar a veciños e visitantes a gozar da representació

Exit mobile version