Site icon Crónica3.com A Mariña

X Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”

A Mariña 20-7-17. O Venres 21 a partir das 8 horas acompañaremos aos “Quetzaleros” desde Ribadeo polaVariante Marítima do Camiño Norte con paradas e visitas no pobo pintoresco de Rinlo, naPraia das Catedrais e no Eido Dourado, para achegarnos as 18,30 horas do serán a Basilica Catedral de San Martiño onde serán recibidos polas autoridades do Concello e o Cronista Oficiale posterior visita guiada a basílica e a Espazo Caritel

O Sábado 22 de xullo a partir das 8 horas farase a guía acompañamento desde Foz polo Camiño Natural de San Rosendo con paradas e visitas na Capela do Carmen e na AreaRecreativa de “ A Cazolga” de Lourenzá para continuar pola “Ruta de As Catedrais” ata a capela de “A Ferreria” de Viloalle donde as 14 horas, os expedicionarios xuntaranse con un grupo da Asociación Veciñal de Güemes (Cantabria) encabezados polo párroco e vicepresidente da Agrupación de Asociacións de Amigos do Camiño Norte de Santiago e medalla de Ouro de España a Cooperación Internacional “ Ernesto Bustio Crespo” e tamén recibidos polas autoridades de Mondoñedo e membros doutras asociaciónsasturianas e galegas do Camiño Norte de Santiago e o Grupo de Música tradicional “Leña Verde” de Pol

Posteriormente as 15 horas, na “Area Recreativa de A Fervenza” celebrarase a Romaríatradicional Xacobea con aprox 130 participantes e amenizada coa musica e a competición do Xogo Popular da “Chave” e xogos acuáticos na Piscina fluvial.

O Domingo 23 de xullo a partir das 9 horas farase unha visita guiada aos lugares emblemáticos de Mondoñedo: Parque da Lembranza e Cemiterio Vello, Alameda e Santuario dos Remedios, Centro Cultural e do camiño Norte da Alcantara, Museo Catedralicio e Obradoiros do Barrio dos Muiños.

A expedición continuará os dias seguintes con guías acompañantes pola Comarca da “Terra Chá” e a colaboración dos Concellos de Abadín, Vilalba e Begonte para rematar en Santiago de Compostela o 30 de xullo.

Exit mobile version