A aula móbil estará no parque de San Francisco desde entre as 10:30 e as 14:00 horas. A Concellaría de Sostibilidade Ambiental de Ribadeo lembra que “a reciclaxe é unha oportunidade para conservar o medioambiente”. A campaña de Sogama e Ecoembes fai fincapé na necesidade de botar o lixo no colector correspondente para cada tipo de residuo.