Site icon Crónica3.com A Mariña

1ª Quedada open O currican Foz

21077691_526530417678447_377463344801529829_nFoz 27-8-17. Espléndido foi o resultado da iniciativa para fomentar a náutica deportiva na Mariña que onte organizamos dende a Ribeira de Foz.

Levantabamos o día cunhas condicións meteorolóxicas inmellorables para celebrar o evento de pesca deportiva en embarcación, e así foi como 52 pescadores aficionados se repartiron nas 33 embarcacións anotadas, que dende o porto navegaron pola nosa costa de Burela ata Ribadeo. Os participantes fixeron numerosas e bonitas fotos en zonas paradisíacas da Mariña nos que o único acceso é por embarcación.
Souberon gozar de un día de mar no que o mellor foi a compañía e o bo ambiente mostrado entre todas as embarcacións, compartíronse moitos momentos de risa, como a subida de fotos enxeñosas e simpáticas as redes sociais, momentos de amistade e bromas polo VHF.

Tamén, claro está algo se pescou e sen ser esta a finalidade principal do día e aínda que os peixes que se capturaron non foron moitos, si tivemos a sorte de ter especies variadas: serras, peixes porco, robalizas, dentóns, agullas, abadeixos, cabras, escachos, escarapotes … foron algúns dos peixes que os participantes amosaron nas inmediacións da Confraría cara o público máis curioso, que se achegaba a ver eses peixes e preguntar polos nomes e por como se pescaban.

Unha vez todos xuntos en terra ás dúas da tarde, repartiamos premios simbólicos aos mellores pescadores do día. A deportividade imperou de forma exemplar e o respeto pola natureza e polos peixes mellor, así se demostrou con numerosos vídeos e fotos de soltas de peixes pequenos ou vedados, como o da gañadora do premio “A pesquina”, que tivo a fortuna de pescar e soltar una caella (quenlla).

O colofón e como manda a tradición das xuntanzas galegas, algúns de nós rematamos a xornada cunha boa comida no Tangarte Mariñeiro.

Dende a A Ribeira de Foz damos as grazas a o noso Concello, CCA, Deputación, a Michel de Kukadas e a Lucía de Castillo pesca, sen a sua axuda e colaboración isto non sería posible. E aplaudimos de forma especial aos voluntarios que axudaron na organización e a todos os participantes do día.

Xa traballamos dende hoxe mesmo na quedada de amigos e ademais pescadores que de seguro faremos o ano que ven.

Exit mobile version