Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula Cemit de Burela impartirá dez novos cursos no mes de setembro

Burela, 30 de agosto de 2017. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela iniciará dez novos cursos de formación informática ao longo do mes de setembro.
O luns, 4 de setembro, inicia o curso de LibreOffice Draw, dirixido a persoas con coñecementos básicos en informática. Nesta actividade crearanse imaxes, carteis, portadas, etc. Impartirase de luns a xoves en horario de 10:30 a 12:00 horas.
Tamén o día 4 estrease o curso de LibreOffice Writer: procesador de textos, dirixido aos máis novos. Esta aplicación serve para redactar, maquetar e formatear calquera tipo de documento. O curso finaliza o 11 de setembro, e impartirase de 12:00 a 13:30 horas.
O 8 de setembro haberá unha charla para aprender a sacar o máximo partido ao móbil. Aprender a personalizar as súas función e configuración. O horario desta actividade é de 11:00 a 12:30 horas.
O 13 de setembro impartirase un taller práctico de smartphones/tabletas. Está destinado a persoas maiores, onde aprenderán o manexo do móbil. Non é necesario traer smartphones nin tabletas. Na aula haberá todo o que se precisa para esta actividade. O horario de 11:00 a 13:00 horas.
O día 15 dará comezo o curso de Vídeo Dixital: Comparte os teus recordos. Aplicacións gratuítas para editar os teus vídeos. Impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas.
O próximo día 18 iniciase o curso de Técnicas de busca de emprego, que se desenvolverá ata o 21 en horario de 10:00 a 11:30 horas. Nesta actividade pretendese crear un currículo vitae, coñecer portais e apps de emprego, etc.
Tamén o 18 comeza o curso de Iniciación a internet. En horario de 11:30 a 13:00 horas onde os usuarios aprenderan a manexarse con soltura na rede. Esta actividade remata o día 28.
O 22 de setembro desenvolverase o curso Compra a través de Internet. Métodos de pago seguros. En horario de 11:00 a 12:30 horas.
Entre o día 25 e o 28 do mes de setembro coñeceranse as distintas ferramentas para traballar na Nube en horario de 10:00 a 11:30 horas. Para que o usuario poida compartir e almacenar información.
E o último venres de setembro, día 29, impartirase o curso Todo o que a administración electrónica che ofrece. E no que se explicará cómo realizar os trámites por internet. Será en horario de 11:00 a 12:30 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as estas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version