Site icon Crónica3.com A Mariña

A Feira do Libro de Foz acolle o 18 de Agosto a presentación do último libro de Ramón Ermida sobre a represión franquista

Cartaz_Terror_18ago_FOZ_BAIXAFoz 16-8-17. Xosé Ramón Ermida presentará o venres 18 de agosto ás 21:00 h na feira do libro de Foz o seu ultimo libro no que se achega a represión franquista no Concello de Foz no marca dunha investigación máis ampla sobre o fenómeno represivo na Mariña e en Galiza. Ermida estará acompañado nesta presentación por Carlos Nuevo, coordinador do libro e cronista oficial de Viveiro, Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza, entidade editora do volume, e Daniel Caxigueiro, artista plástico e autor da portada do libro.
Ermida no seu traballo fai un repaso sobre a represión franquista no Concello de Foz achegando unha ampla relación dos veciños do mesmo que sufriron persecución polas súas ideas políticas. Entre estes atópanse Andrés García Ferreiro Ramiro Fernández Dorrego (Ramiro de Poza), Xosé Mel Pérez, Amalio Rodríguez Rodríguez (Amalito O Reloxeiro),Francisco Fuente Riego, (Paco de Santa Cilla).Francisco Seijas Basanta (O Petrulo), Xosé Paz García (Pepe da Pena), Xosé Paz Vázquez, Ramón Couto Couto Antón María de Simón, Manuel Camba Costa (O Bernizador), Ramón García García (Ramón O Zapateiro), Antonio Martínez Castiñeira (Antonio de Eusebia), Benigno Beltrán Ares (Benigno da Calzona), Francisco Fernández López , Xosé Ramón Rodríguez Vázquez( O Rosino), Xosé Ramos García (Casanova), Ramón Teijeira Posada (Ramón do Montañés), Ramón Martínez Villarino (Gómez), Pablo Díaz Iáñez, Tomas Ramón López Leitón (Don Ramón da Botica), Ramón Bargo Estúa, Rosendo Campos Osorio, Leonardo Uría, Manuel Campo, Amando Pardiñas, Xosé Antonio Fernández (O Xuez), Máximo Causo Bañales, Valentín Eijo, Xosé Fernández Fernández, Benito Tarrón Bargo, Alfredo López, Xulio Cadahia Vázquez, Cristina Díaz Pol, Francisco López, Xosé López, Antonio Neira Alonso (Bambolia), Xosé Rodríguez Canoura, Xosé María Sánchez Blanco, Antonio Díaz Ortiz e Ester Cruz Gil, Xosé María Rodríguez Barreira.
Unha das novidades que achega este traballo é a descuberta da identidade e a recuperación da memoria de María del Carmen Pérez y García, unha veciña de Navia, que apareceu asasinada e mutilada na Praia de Areoura en Cangas. María del Carmen Pérez contaba con 54 anos no momento do seu asasinato rexistrado o 7 de Outubro de 1936, se ben segundo indica a súa partida de defunción este debeuse producir nas 24 ou 48 horas anteriores. María del Carmén Perez foi sacada da súa casa de Vigo, na Parroquia de Santa Mariña en Navia, cando o seu irmán José Pérez y García, emigrante retornado en Puerto Rico e filántropo da parroquia, o 2 de Outubro de 1936 para ser paseados na Ponte de Pedrido en Vilaodrid. Asasinado o seu irmán ela foi deixada por morta nese lugar, porén non perdera a vida acudindo a pedir axuda e intentar refuxiarse no lugar de Vilaformán en Trabada, entregándoa os veciños desa casa a un grupo de falanxistas de San Cibrao e Viveiro que rematarían por mutilala e darlle a morte definitiva na Praia Areoura.

Exit mobile version