O Clube Ciclista Viveiro e a Concellería de Deportes de Lourenzá, xuntan forzas para sacar adiante esta primeira edición dunha marcha que espera consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo.
O prezo é de 10 € para os ciclistas con licenza federativa, e de 26 € para os non federados que inclúe a licenza por un día. Ademais por 5 € mais en calquera dos dous casos, a inscrición inclúe un xantar o final da marcha para todo aquel que así o desexe, nas instalacións da Feira de Lourenzá.
A marcha terá o carácter de ciclodeportiva, outorgando trofeos aos mellores de cada categoría (Junior 15 a 17 anos), sénior (18 a 29 anos) máster-30 (30 a 39 anos), máster 40 (40 a 49 anos) e máster 50 (50 anos en adiante), na subida cronometrada a Tovar, que consta de case 4 km cun desnivel medio do 10%.
Inscripcións:
https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1262/i-marcha-cicloturista-concello-de-lourenza