Burela (Lugo), 24 de agosto de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa impulsando melloras nos centros educativos lucenses aproveitando as vacacións escolares e, máis en concreto, inviste 24.744 euros na instalación de novos caleiros no tellado deste centro.
A obra evitará humidades xa que permitirá que as instalacións conten cun novo conduto encargado da recoller e deitar as augas de choiva que verte a cuberta. As actuacións inclúen tamén o saneamento das parades contiguas ás baixantes para impedir futuras filtracións.
As obras xa en marcha, se prevé que estean concluídas na primeira semana de setembro, antes do inicio do curso.
Novas obras que se suman ás xa executadas
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que estas actuacións enmárcase dentro da segunda fase de obras de conservación e mantemento nos centros educativos da provincia, de cara a mellorar as instalacións para o próximo curso. De feito, se suman ao medio centenar de obras que xa estaban en marcha dende o pasado mes de xullo.
Xa no seu día a Delegación territorial deu conta dun investimento de preto de 9.000 euros tamén en Burela, máis en concreto, o investimento de 6.500 euros na realización da soleira para xogos infantís no Colexio (CEIP) Vista Alegre, e diferentes obras de mellora no Instituto de Educación Secundaria (IES) Monte Castelo. As ditas obras consisten no pintado de aulas e arranxo de electricidade.
Instalacións nas mellores condicións
Balseiro subliñou a necesidade de “manter nas mellores condicións as instalacións educativas para que se adapten ás necesidades do alumnado, faciliten o labor dos docentes e, en suma, sexan o marco adecuado para o desenvolvemento dunha educación pública de calidade”.