Site icon Crónica3.com A Mariña

Afeccionados ao sendeirismo e romeiros da Igrexa de San Antonio da Rigueira xa poden empregar a nova área recreativa de Rego Sanguento, en Xove

IMG_9493Xove (Lugo), 23 de agosto de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración co Concello de Xove vén de rematar o acondicionamento da área recreativa e natural de Rego Sanguento emprazado na parroquia da Rigueira.
Así o puideron comprobar esta mañá nunha visita ao novo espazo o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde da localidade, Demetrio Salgueiro, que quixeron salientar a utilidade pública dos traballos realizados.
Os afeccionados ao sendeirismo e os que peregrinan á igrexa de Santo Antonio xa poden facer uso deste espazo, contiguo ao curso fluvial, que incorpora un novo mobiliario composto de tres conxuntos de bancos e mesas, dous bancos e un conxunto de barbacoa e fonte, todos eles de granito, e varias papeleiras de madeira.
Ademais, e co obxecto de poñer en valor a riqueza natural do entorno a área incorpora varios paneis informativos para dar a coñecer a fauna e flora presente e diversas recomendacións para a súa observación e conservación medioambiental.
Tamén se levaron a cabo labores de axardinamento e a construción dun muro de pedra de cachotaría, unha varanda de madeira de piñeiro e a plantación dunha sebe viva con especies arbustivas autóctonas ao longo de 45 metros.

A nova área recreativa conta con máis de 800 metros cadrados de superficie que constitúen todo un novo equipamento de equipamento de lecer, especialmente destinado ás familias de todas as idades, e que ademais dá resposta a unha demanda veciñal para poñer revalorizar o entorno do río Rigueira polo que transcorre unha senda peonil moi transitada.

Exit mobile version