Cilene, aínda no Brasil, incorporarase ao traballo do cadro laranxa nos vindeiros días. A próxima semana, o Pescados Rubén tamén recibirá a visita de 6 xogadoras do Comarcal A Fervenza FSF para achegarse á dinámica de pretempada.
Despedidas
Xunto a Silvia Rubal e Shiori, tamén se despiden do equipo para 2017-18 a ribadense Elvira López, que defenderá a camisola da Fervenza a vindeira tempada, e a cervense Paula Cortiñas, ás que a Familia Laranxa lles desexa fortuna nos seus novos proxectos.
Axenda
O 2º Torneo Internacional de Futsal Feminino Cidade de Viana do Castelo levará o Pescados Rubén Burela FS a Portugal os días 25 e 26 de agosto xunto aos lusos Sport Lisboa e Benfica e Santa Luzia Futebol Clube, o holandés VV Pernis e o irmandiño Poio Pescamar.
O conxunto laranxa está ultimando detalles para completar a pretempada con outros dous amigables con rivais galegos e para datar os primeiros compromisos da Copa Galicia.