Site icon Crónica3.com A Mariña

As monitoras da Aula Gaia, do Concello burelés, levaron a cabo este martes en Ril unha actividade titulada Herbolario das prantas da miña praia

230817 Foto Gaia HerbasExplicaron que “para coñecer as prantas do entorno das nosas praias, non hai mellor método que formar un herbolario e un caderno de campo. Esta actividade permitiu aos participantes familiarizarse coa diversidade de formas, cores e texturas das prantas, así como coas diferencias que hai entre cada especie. Coa axuda de fichas-guías identificáronse os nomes das especies atopadas e clasificáronse aprendendo a importancia e a diversidade das mesmas”. Os nenos e nenas gozaron moito con esta experiencia.

Exit mobile version