Ribadeo 29-8-17. DON FERNANDO SUÁREZ BARCIA, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO
FAI SABER QUE
Por Resolución desta Alcaldía de data 07 de agosto de 2017, foi aprobado o seguinte Padrón de contribuíntes:
– Padrón da taxa de entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase (VADOS) para o exercicio 2017, polo importe de cincuenta e catro mil novecentos trinta euros (54.930,00 €).
Foi exposto ao público por prazo de vinte días hábiles, mediante anuncio publicado no BOP do 18/08/2017, segundo o establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalo e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas.
Iníciase así mesmo o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en voluntaria é o comprendido entre o 28 de agosto de 2017 e o 27 de outubro de 2017, ambos os dous inclusive.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de mora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 a 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro Xeral Tributaria e, no seu caso das costas do procedemento de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no regulamento xeral de recadación.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven do presente Padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14,2 apartado c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
A presente publicación, de Edito de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
A Alcaldesa acctal.,
Asdo.: Ana María Martínez Fernández