Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso Por Galicia Cervo solicita a anulación do festival Gadélica

Cervo 2-8-17. Jose Luis Moñita, coordinador en Cervo de CxG, solicita ao Concello de Cervo que se deixe de celebrar o festival Gadélica en Sargadelos.
Tras asistir a dito festival o ano da sua inauguración no 2016 e este ano 2017 non poido por menos que solicitar a desaparición de dito festival en sargadelos xa que entendo que,por una parte a gran cantidad de cartos que aporta ao festival o Concello de Cervo non obtén o retorno económico nin cultural desexado o que produce un gran perxuicio nas arcas municipais, e por outro lado ( e sempre respetanto todas as formas de vida que elixe a xente) entendo que non e un exemplo de vida que queremos que os nosos menores sigan.
Aplaudo a iniciativa que tivo o Concello de Cervo no seu día buscando un festival que fose referencia a nivel nacional e estatal, sobre todo en Sargadelos, una das cunas da cultura Galega, pero tras as duas primeiras edicións entendo que queda moi claro que non se acerca nin se acercará as expectativas iniciais.
Vaia por diante o meu respeto a xente que gusta de este tipo de arte e de forma de vida, do mesmo xeito que hai que destacar o profundo respeto que teñen coa natureza xa que non se vía por ningures restos de lixo fora dos lugares destinados para a sua recollida en clara contraposición con outras festas coma a Maruxaina.
Outro motivo polo cal solicito o cese de dito festival e que , ao meu modesto entender, o nome de Cervo e máis concretamente o de Sargadelos, unido ende fai moito tempo a identidade cultural e ao sentimento Galego, estase a ver afectado negativamente por Gadélica, desprestixando o nome de Sargadelos e seguramente acabará afectando de alguna forma tamén a xa de por si difícil supervivencia da fábrica de Sargadelos.
Alento polo tanto ao Concelo de Cervo a que siga apostando por actos culturais para todos os gustos e felicito por traer a este concello actuacións memorables coma pode ser Ses, Seivane, Roi Casal,Rodrigo Romaní, Guadí Galego …. , pero entendo que a aposta por Gadélica debe cesar de inmediato. Soamente erra o que o intenta, polo que animo una vez mais ao Concello a seguir intentándó.
Sen outro particular e pedindo disculpas a quen se poida sentir ofendido..

Jose Luis Moñita Martin

Exit mobile version