Site icon Crónica3.com A Mariña

Cunha viaxe no tren turístico de Ribadeo, unha visita ao Concello e unha sesión de maxia rematou este martes o programa Construíndo o Verán

220817 Foto remate Construindo o veranRibadeo, 22 de agosto de 2017. Rematou hoxe o programa Construíndo o verán, que organizou un ano máis a Concellaría de Servizos Sociosanitarios. Fíxoo cunha viaxe dos asistentes no tren turístico de Ribadeo, que despois visitaron o Concello e no salón de plenos asistiron a unha sesión de maxia.
Tres voluntarias e a educadora familiar municipal encargáronse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a unha quincena de nenos e nenas de primaria desde o pasado 11 de xullo e ata o día de hoxe. @s rapaces asistiron a este programa os martes e os xoves de 10:30 a 12:00 horas nunha aula cedida pola Escola Oficial de Idiomas.
A concelleira Sonia Meilán agradece “o traballo realizado polas voluntarias e pola educadora familiar, xa que sen elas non sería posible levar adiante este programa. E quero darlle as grazas tamén á Escola Oficial de Idiomas por cedernos a aula na que as nenas e nenos asistiron a esta nova edición de Construíndo o verán”.

Exit mobile version