Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Cervo ve insuficentes as medidas tomadas polo concello na Maruxaina, ainda que as aplaude

Cervo 15-8-17. Este sábado puidemos gozar dunha nova Maruxaina acompañados polo bon tempo, seguramente a mellor Maruxaina dos últimos anos, tamén a que mais medios tiña para a sua xestión.
Cabe destacar que se sentiron notablemente as novas medidas adoptadas pola comisión, coma son a colocación dunha segunda ambulancia na zona do faro, o control do tráfico por unha empresa privada, a contratación dunha empresa de limpeza, a discreta presenza de patrullas dá policía autonómica e dá garda civil e os adornos estrenados nas rúas e farolas.
É importante destacar o bo comportamento do público asistente durante o día, o cal contribueu a un magnífico ambente de festa e cordialidade polas rúas e pola Praia do Torno dignos dá honra a Maruxaina.
Lamentablemente a partir das 20:00 as cabinas sanitarias habilitadas polo Concello para que as xentes poideran facer as suas necesidades mostráronse claramente insuficientes polo que o público asistente optou por ouriñar nas rúas, paredes e portais das casas. Sabendo que a asistencia a Maruxaina do ano anterior estivo entre 12.000 e 13.000 persoas, o número de cabinas sanitarias necesarias en base a norma española UNE-UN 16194 deberían de haber sido como mínimo de 188 cabinas, número moi superior as menos de 30 cabinas contratadas polo Concello. Botáronse tamén de menos cabinas habilitadas para xente con discapacidade. Por si isto fose pouco, a limpeza de ditas cabinas non se efectuaba polo que debido a pouca pericia dos usuarios e ao rebosamento dos depósitos, facían difícil e pouco recomendable o seu uso. Entendemos que este tema e urxente xa que é a principal razón pola que moita xente residente en San Ciprian vaise do pueblo ese día.
Por outra parte consideramos importante que durante a celebración dá Maruxaina, declarada Festa de Interese Turístico, a música imperante durante o día e ata que a sirea resulte xulgada debería ser a tradicional de dita festa, tanto nas rúas e na Praia do Torno onde se xuntan a xantar as familias e amigos, e onde gustan dos xogos e da sobremesa.
Solicitamos tamén para futuras edicións a colocación da amplificación da señal de telefonía movil, a presenza dun médico, a iluminación da praia do Torno pola noite e a existencia dalgún vixiante pola praia para solicitar a xente que tire o lixo nos lugares axeitados.
Destacamos finalmente o bo traballo realizado pola empresa de limpeza xa que as 2:30 dá tarde do domingo a limpeza do pobo e das praias era mais que aceptable e o cheiro era moito menor que en celebracións anteriores.

Jose Luis Moñita Martin

Exit mobile version