Burela 30-8-17. As agrupacións de CxG: Burela, Foz, Cervo, Lourenzá e Ourol, mediante a presente queren deixar claro o respaldo ás concentracións convocadas pola Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña, da que CxG Galicia é membro a nivel nacional. Denunciamos a falla de dialogo do PP e a súa teima en centralizar, cando a desconcentración de servizos e garante de unha mellor prestación dos mesmos. Do mesmo xeito animamos á xente a que non se renda, a unión da resposta ten que facer que o PP rectifique, non toda a política se pode xustificar no aforro, entendemos que esta medida é unha perda significativa da calidade, unha Lei que ten tanta contestación non pode ser boa.
A resposta ten que ser de toda a sociedade e dos axentes implicados, por iso non entendemos a campaña feita nas RRSS por parte do PSOE, que contraconvocou unha concentración no mesmo lugar media hora máis tarde, na que so figura o seu logotipo e convoca unha reunión na súa sede de Burela, é unha acción partidista que pretende capitalizar un movemento da Xente, cuestión que condeamos enerxicamente. Os movementos sociais dos axentes sociais son do Pobo, acaso pretende o PSOE facer como podemos co 15M? Mal camiño. So esperamos que a súa tripla división en Galicia a deixen fóra de esta xusta reivindicación. É rastreiro apropiarse dunha medida dunha plataforma de moita xente e moitas organizacións. Esperamos que rectifiquen.
Aqueles cidadáns que sentiran ultraxado o seu dereito á participar, animalos a defender o noso hospital, cada quen queda retratado.