O VI Fórum terá unha duración de 21 horas. Haberá charlas pronunciadas por representantes de empresas como PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar neste evento. Os asistentes tamén participarán en charlas sobre climatización, soldadura, impresión en 3D, son e equipos didácticos.
As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollen o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que arrinca esta tarde ás 20:30 horas cunha conferencia sobre A Formación Profesional en Alemaña, que pronunciarán Jörg Grube e Paul Gliet. “Este inicio é unha das novidades deste VI Fórum xunto aos talleres de son e impresión en 3D”, segundo subliña o presidente de Apaga, Álvaro Doural.