Ven ó caso, a frase de Stephen Jay Gould: “cando a xente non aprende a manexar as ferramentas do xuízo, e só se guía polas súas esperanzas, están sementadas as semillas da manipulación política”. A política ten que entenderse como un servizo á sociedade, hoxe por desgraza enténdese como un servizo ós partidos, e ás veces nin iso, un servizo persoal a tal ou cal líder de quenda.
É preciso un novo modelo de partido, un modelo de traballo coa sociedade de continuo contacto, un modelo que devolva a dignidade á acción política, a xente está cansa de ver novas que falan única e exclusivamente de accións partidarias, bandos, lideres … e que se esquece dos seus problemas.
A falla de camiño destes partidos en Galicia só fai que medre a opción que máis seguridade transmite, un grave problema como Nación para nós, posto que a opción que tiña que medrar tiña que ser a que mellor solucións tivera para Galicia, a ver si dunha vez aprendemos que a política está para facer que a xente viva dignamente, con igualdade e con oportunidades.
Máis grave me parece a acción daqueles que viñan a mudalo todo, incluso a política de Pericles, e ó final son unha expresión do máis rancio sistema de partidos saídos da constitución e protexidos polo sistema.
Lembrade pois a Tomás Jefferson: “Cando alguén asume un cargo público, ten que considerarse a si mesmo, propiedade pública”
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.