
O Concello de Xove convocou un concurso para confección do cartel das Festas do San Bartolo 2017. Reunido o xurado, decideu conceder o premio de 150 €uros ao deseño presentado polo rapaz de 13 anos Abel Bouza Bermúdez. Este mércores, o alcalde Demetrio Salgueiro fíxolle entrega do premio á nena, que estivo acompañada pola súa nai, así como pola concelleira de cultura Dolores Meitín e dous representantes do xurado.