Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado e domingo celébrase a cuarta edición do mercado de rúa, que organiza Acisa. Na cita participan preto de 30 establecementos comerciais

Mercado RúaRibadeo, 18 de agosto de 2017. Ribadeo acolle sábado e domingo, días 19 e 20 de agosto, a cuarta edición do Mercado de Rúa, que organiza Acisa. Nesta iniciativa, na que as tendas saen á rúa ofrecendo as últimas oportunidades e avances de temporada, participan 27 establecementos: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Modesto G, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Sprit, Lencería Julia, Tu&Tu, R23, Menfer, Mercería Torviso, Platería Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Naná, Coco y Jatay.
A directiva de ACISA Ribadeo lembra que esta actividade “consiste en que as tendas saquen á rúa os seus produtos, ben sexan restos de stock ou avances de tempada, no horario comercial habitual. É unha campaña orientada a que os establecementos participantes poidan poñer o broche de ouro ao verán e ás rebaixas sacando o stock que lles queda a un prezo rebaixado e iniciar a venta da nova tempada”.
E engaden: “cremos que é unha actividade cun toque diferente pois en vez de facer feiras de stocks en recintos pechados preferimos sacar as propias tendas á rúa e aproveitar o ambiente de verán. Nesta campaña participan case 30 comercios asociados, 27 exactamente, xa que pola loxística que implica e dependendo do produto que se venda hai moitos que non poden facelo aínda que quixeran. Todos os establecementos participantes sacarán de maneira vistosa os seus produtos á rúa para achegalos aos clientes e intentar darlle un último empurrón á tempada de verán”.
Desde Acisa animan a achegarse a Ribadeo esta fin de semana: “é unha data idónea para mercar aquilo que nos gusta a un prezo moi interesante e tamén é un bo momento para pasear por Ribadeo, para dominguear, para tomar un aperitivo, para xantar ou cear na nosa vila. A oferta hostaleira de Ribadeo é moi importante ao igual que o é o seu comercio, unha referencia en toda a comarca da Mariña e do Occidente asturiano”.

Exit mobile version