Outro logro de igual categoría foi a liberdade sexual sen temor a derivar en consecuencias non programadas. Pero, que as mulleres, sempre obedientes e subxugadas, puidésen dispoñer do diñeiro gañado e do propio corpo foi o colmo da confusión para os machos educados no secular ordeno e mando patriarcal. Carnet de conducir, coche propio, independencia económica, liberdade de movementos e de elección de parella. O divorcio, ah, o divorcio, vaia puñalada trapera para os irredentos maltratadores, para os dominantes e esclavizadores, acabóuselles a festa.
Por fin, o aborto, a liberdade para decidir ter ou non fillos, cando e con quen. Iso provocou a máis furiosa indignación dos curas e purpurados, das monxas, das vellas, dos meapilas, dos da adoración nocturna, en fin, de todos aqueles que non podían ou non lles estaba permitido telos, ou ben, dos e as conservadores-as que, en caso de infortunio e embarazo inconvenente, co seu diñeiro levan á nena de vacacións para desembarazarse.
Pero a cuestión da responsabilidade dos fillos aínda está por resolver. A dedicación material e afectiva cotiá, as renuncias á propia vida persoal, profesional, de lecer, etc. segue aloxada sobre as mesmas costas. Para as triunfadoras é unha decisión moi difícil. Eles gañaron coa liberación feminina, poden dicir que non se casan, non adquiren compromisos, ou as poñen á firma unha separación de bens, así van facendo o seu patrimonio unipersonal mentres elas merman o seu crecemento profesional parindo, criando, educando e atendendo á prole común. E esto dio un home fillo, neto e bisneto de matriarcas…quizás por eso sempre recordó ser e exercer de faminista con carallo.