Site icon Crónica3.com A Mariña

FEIRA DO LIBRO

A “XXXII FEIRA DO LIBRO DE FOZ inaugúrase o vindeiro día 17 do actual, ás 6 da tarde, nos xardíns Conde de Fontao, a exitosa andaina anual, no eido da promoción da cultura, que nacía en 1983 coa incertidume e as dúbidas sobre o seu futuro. O temor non era infundado pois, localidades de maior entidade e tradición cultural, non foran quen de mantelas e algunhas sobreviven a trancas e barrancas, faltando a diversas edicións. Non foi éste o caso que nos ocupa pois, de contado, acadou sona e prestixio, e convirtiuse no certame libreiro mais importante entre os que se celebran nas vilas de Galicia; non faltando, en tan longo período de tempo, a unha soa cita.
Naquela 1ª ocasión fora o seu pregoeiro o laureado escritor viveirés Ramón Pernas, entón xove director da editorial Espasa Calpe e, en días sucesivos, intervira Ramón Villares, de quen Alianza Editorial acababa de publicar a “Historia de Galicia”,que falou dela; Jorge Victor Sueiro, prestixioso xornalista e gastrónomo, disertando sobre a nosa cociña; Isaac Díaz Pardo, entón director de Sargadelos, sobre “ Castelao e a Guerra Civil”, e don Xosé Trapero Pardo, escritor e xornalista, ex-director de “El Progreso”, que se referíu á controvertida figura do Mariscal Pedro Pardo de Cela. A Feira de 1994 tivera de pregoeiro ó insigne escritor Xosé Neira Vilas, o autor do libro mais lido da literatura galega: “Memorias dun neno labrego”. Ao pouco chegounos carta súa na que, entre outras cousas, decía:”Volvin contento de Foz. Había moita xente na inauguración, firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións. Teño estado este ano en varias feiras e a de Foz foi a mais concurrida, mais incluso que as de Santiago e Ferrol, no acto da cerimonia inaugural. Libros sí firmo bastantes sempre, pero tendo en conta o volumen da vila e a poboación, en realidade foron moitos os que me puxeron diante. Todo, pois, moi alentador, moi estimulante, e quería decircho directamente. A experiencia resultou francamente Mais de 30 anos sen faltar a unha cita é todo un record.¿E o futuro?. Coma sempre, unha incógnita.
Por de pronto ésta de 2017 comeza con bó augurio, co pregón que corre a cargo do focense, prestixoso neuro- científico, Xurxo Mariño; cuxas coñecidas dotes e simpatía, nas súas intervencións públicas, fan del persoeiro sempre desexado, por claro e ameno expoñente.Por outra banda as presentacións e firma de libros, de grande actualidade; concurso de debuxo; actuacións musicais e sempre o marco de gran beleza no que se celebra o evento, garanten a asistencia a él de numeroso público, como ven demostrando a longa experiencia.

Exit mobile version