Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurouse este sábado na casa do mar de Ribadeo a exposición conmemorativa do 25º aniversario da banda municipal de música ribadense

190817 INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN 25º ANIVERSARIO BANDA DE RIBADEORibadeo, 19 de agosto de 2017. A exposición conmemorativa do 25º aniversario da Banda Municipal de Música de Ribadeo inaugurouse hoxe, sábado, na Casa do Mar ribadense, onde a mostra estará aberta ao público ata o día 26 deste mes.
No acto inaugural interviñeron a concelleira de Educación, Mari Luz Álvarez Lastra; o presidente da asociación Amadores da Música, Chema Suárez; o anterior máximo responsable do colectivo, José Luis Pulpeiro; e o director da Banda, David Ballester. Tamén estiveron a alcaldesa de Ribadeo en funcións, Ana Martínez, o edil de Cultura, Farruco Graña; e outros concelleiros da corporación municipal ribadense.
A exposición, que recolle carteis, programas, fotografías, instrumental antigo e outros obxectos relacionados coa historia da Banda, estará aberta ao público, con entrada libre e gratuíta, ata o vindeiro sábado, día 26, todos os días en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Exit mobile version