Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente contribúe á posta en valor das rutas naturais e costeiras na contorna da punta Socastro, no Vicedo, con distintas medidas de acondicionamento e sinalización

IMG_9496O Vicedo (Lugo), 23 de agosto de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración co Concello do Vicedo, contribúen á posta en valor das sendas que transcorren na franxa costeira deste municipio e que nos últimos tempos convertéronse nun dos espazos máis visitados da Mariña occidental.
En particular esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Novo, supervisaron a execución dos traballos de acondicionamento e sinalización destas rutas naturais durante a visita á Punta Socastro, tamén coñecida como Fuciño do Porco.
Trátase dunha paraxe natural de gran espectacularidade que transcorre por acantilados e que forma parte tamén dun sendeiro recoñecido coa bandeira azul que se inicia na praia de Abrela e que percorre o Porto de Val, os areais de Alegrín, Pereira, varios miradores e o asentamento arqueolóxico dos Muitillós.
A Xunta inviste preto de 20.000 euros, nunha actuación que busca acondicionar e sinalizar diferentes puntos deste sendeiro para a mellora do uso publico dos mesmos e coa finalidade de impulsar o atractivo da zona e dar a coñecer a importancia da interacción equilibrada entre o uso publico dos mesmas e a conservación dos valores naturais da zona.
Nos últimos días se está instalando novo mobiliario, en concreto, cinco bancos tipo rústico de madeira e seis papeleiras de madeira de estrutura exterior de madeira e interior metálico, repartidas nos dous sendeiros. Ademais procederase á colocación dun total de seis paneis orientativos, informativos e interpretativos, dous deles na ruta de Praia Abrela-Punta Socastro e os outros catros no miradoiro de Toxido e no miradoiro de As Laxes (ruta da Costa de Vicedo).
Balseiro explicou que o Goberno galego está comprometido co desenvolvemento e dinamización do uso público e recreativo do medio natural así como en potenciar un dos espazos de maior atractivo turístico do últimos tempos

Exit mobile version