O sábado será a quenda das actuacións musicais de Lecer e Montreal. O domingo a música correrá a cargo de Salsarena e Claxxon e o luns día 11 de Alma Latina.
O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, así como a actuación do coro mindoniense. Tamén haberá un partido de fútbol o domingo ás 18:00 horas entre o Mondoñedo F.C. e a S.D. Candelaria.
Presentación da Banda Municipal de Música Pascual Veiga
Aproveitando esta celebración o domingo día 10 vaise presentar de forma oficial a Banda Municipal de Música de Mondoñedo, que leva por nome Pascual Veiga. A agrupación desfilará coas autoridades na procesión da patroa. Tamén se levará a cabo unha xornada de convivencia os días 7 e 8 das Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Mondoñedo. O venres ás 21:00 horas haberá un concerto conxunto na Praza da Catedral no que a Banda Municipal de Mondoñedo estará apadriñada pola Banda Sons e Soños.
O Concello de Mondoñedo será este ano o encargado da ofrenda que se celebra o domingo.