Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova campaña medioambiental do Concello de Xove

SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR (2)Xove 16-8-17. Dende xa hai anos o Concello promociona a recollida selectiva de residuos. Agora estase a desenvolver a Campaña “Oportunidades de Galicia – Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, coa colaboración de Sogama e o SIG ECOEMBES e o Concello.

A campaña, que se está a desenvolver na Praza do Centro Cívico, consiste nunha carpa informativa onde monitores ambientais informan aos presentes sobre os beneficios da recollida selectiva o reciclaxe de residuos, tratando de sensibilizalos para levar a cabo esta práctica.

Dende o Concello, e dado que se considera moi importante a preservación do medioambiente e a reciclaxe como un bó medio para esa preservación, invítase e anímase a tódolos veciños e visitantes a participar nesta campaña e a realizar unha reciclaxe cada vez mellor.

Exit mobile version