Site icon Crónica3.com A Mariña

O Complexo RegalXunqueira inaugura a exposición “Natureza luz” de Pablo Giménez Olavarría

Viveiro 4-8-17. O Acto terá lugar o próximo martes, 8 de Agosto ás 20,00 horas na Sala de Exposicións de REGALXUNQUEIRA – Viveiro, e poderase visitar ata o 31 de Agosto.
Pablo Giménez (Valladolid, 1972) pinta do natural e case exclusivamente na natureza, da natureza. Cos anos, o debuxo foi cedendo protagonismo a luz e a cor natural, para construir a atmosfera deses lugares que, pola razón que seña, forono levando ali a pintalo. Nos óleos esto faise mais patente, pois non hai máis que pequenas pingas de pintura moi diluida que suxiren a través de continuas correccións de tono e luminosidade a sensación que un pode sentir ahí.
As acuarelas teñen algo máis de placer na sua execución, pois pintar relaxado nunha praia gallega non pode ser considerado outra cousa que un agasallo.
Nos seus cadros non hai unha intención descriptiva nin narrativa, soio son o resultado dunha intensa percepción e goce da natureza.
Pablo Giménez Olavarría, en esta exposición acercase a natureza a través do efecto da luz na creación de atmósferas. No derradeiro ano, está investigando na creación de obras prescindindo da forma. Pinta dunha maneira que lle impide físicamente anclarse o debuxo riguroso, pois sólo salpica o cadro con minúsculas pingas de óleo moi diluido que dunha forma aparentemente azarosa van recreando a través da luminosidade o ambiente no que está a gusto, que é a natureza. Non se trata dun puntillismo académico nin teórico, senón da plasmación dunha percepción e sensación sen a distracción dos detalles, algo que se adentra as veces a linguaxe da abstracción, pero que sigue sendo de raíz figurativa, na que se busca a esencia dos lugares, a búsqueda do que nos fixo desexar estar nese lugar pintando ese motivo concreto.
Nesta mostra presenta de maneira conxunta no que nos derradeiros anos intentou captar inmerso na sua natureza cercana.

Exit mobile version