Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela realizará obras de mellora na escaleira que une as rúas do berbés e do hórreo

220817 foto escaleira rúa do HorreoBurela, 22 de agosto de 2017. O Concello vai realizar obras para mellorar a accesibilidade da escaleira que comunica a rúa do Berbés coa do Hórreo. A actuación prevé colocar un pasamáns de aceiro e os traballos poderían comezar en setembro, segundo anunciou este mediodía o alcalde.
Alfredo Llano explicou que “hai unha zona en Burela onde está o que se denomina a rúa do Hórreo, que está situada practicamente no porto de Burela. Consta dunha casa moi antiga, que está patrimoniada, e que conta tamén cun hórreo. É unha zona bonita que chama a atención, é moi vistosa dende o porto”.
O rexedor burelés dixo: “queremos mellorar esa zona poñendo unhas novas escaleiras de acceso que vai unir a zona do Berbés, que é a estrada que cruza ata onde está a lonxa, e a rúa do Hórreo. Imos dotar ben esas escaleiras cun pasamáns de aceiro para que quede vistosa por un lado, pero por outro lado será moi útil para poder pasar moita xente que atalla perfectamente dunha zona a outra con rapidez”.
O alcalde engadiu que “é unha das obras que imos acometer enseguida. Xa está a fase do proxecto coa memoria técnica. Cando estea rematada dita memoria imos poñernos a elo, así que calculo que para o mes de setembro imos ter ese novo acceso que por un lado favorece a esa zona e por outro lado tamén a moita xente que antes tiña que dar un rodeo para acceder ben á fonte ou ben á rúa do Hórreo”.

Exit mobile version