Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo celebrou unha mesa técnica da xunta local de seguridade con motivo da Maruxaina e da Queimada

Mesa técnica de seguridadeCervo, 09 de agosto de 2017.- O Concello de Cervo celebrou este martes unha mesa técnica de seguridade presidida por Jose Ramón Soto, Concelleiro de Seguridade Cidadá, na que tamén estivo a Concelleira de Turismo, representantes da Queimada de Cervo, da Garda Civil e do subsector de tráfico, ademais de representantes da D.X. de Emerxencias e da Policía Local. A Policía Autonómica desculpou a súa ausencia pero presenta a súa colaboración durante o dispositivo.

O principal motivo desta mesa técnica é a coordinación conxunta de organizadores e corpos de seguridade de cara á Maruxaina e a Queimada, as dúas citas con máis afluencia de xente no mes de agosto.

Por primeira vez este ano, contarase ca axuda dunha empresa de seguridade que de apoio aos corpos de seguridade á hora de manter a orde durante a festa da Maruxaina.

As rúas Avda. da Mariña, Rúas de Os Campos, Aduana e Rosalía de Castro quedarán pechadas ao tráfico dende o venres ás 14 horas ata as 14 do domingo. Só poderán pasar aquelas persoas residentes que presenten o pase acreditado.

Un dos temas da mesa foi a acampada, que era un dos focos de risco durante os últimos anos e este ano non está permitida.

Exit mobile version