Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo despide unha noites alternativas nas que se bateron todos os récords de participación

210817 Balance Noites AlternativasCervo, 21 de agosto de 2017.- O Concello de Cervo despide unha nova edición das Noites Alternativas con cifras récord de participación.

Así o sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quen puntualizou “que foron máis de 1000 persoas as que competiron nas diferentes modalidades deportivas que se programaron para as noites de xullo e agosto; unhas cifras máis que satisfactorias para nós e que nos animan a seguir a traballar na liña de promover actividades deportivas que favorecen a socialización dos mozos, que comparten tempo de ocio con outros compañeiros, ao tempo que practican deporte”.

Nesta edición das Noites Alternativas programouse unha noite do patín, unha noite de orientación, rutas en kaiaks, volei praia, fútbol praia, fútbol 3×3, basket 3×3, pádel e fútbol 7, que foi unha novidade este verán.

Precisamente esta última modalidade de fútbol 7 foi a que puxo o broche de ouro as Noites Alternativas, o pasado venres. Participaron 155 persoas, en 18 equipos nas diferentes categorías; e os encontros disputáronse no campo de fútbol da Veiga, ante numeroso público que se congregou durante os 3 días nos que se prolongou a competición.

Os equipos gañadores foron futboleros (sub 12), Furia Negra (sub 15) e Francia (Senior).

O deporte que máis xogadores congregou foi o fútbol 3×3, na Praza dos Campos, con 234 participantes.

O rexedor tamén quixo apuntar que estas competicións “axudan a poñer en valor as privilexiadas instalacións deportivas que temos no Concello de Cervo, nomeadamente o campo de herba artificial da Veiga, no que vimos de acometer os correspondentes traballos de mantemento porque para nós é fundamental conservar as nosas instalacións públicas en perfecto estado para uso e disfrute dos nosos veciños; e tamén daqueles que nos visitan das localidade veciñas; foron traballos que deron os seu froito porque o campo foi escenario perfecto para gozar deste deporte; e así nolo transmitiron tamén os xogadores que se congregaron alí estes días”.
Dende o Concello de Cervo –engadiu Villares- “queremos dar as grazas a todos aqueles que gozaron con nós do deporte nestas noites de verán e emplazámolos a que volvan participar na vindeira edición”.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, que dirixe Dolores García Caramés, continúa ata finais de mes coa programación dos Enredos de verán, nos que participan máis de 100 nenos, e tamén de Xuventude no Verán.

Exit mobile version