Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo fai unha valoración positiva da Maruxaina 2017

Cervo, a 14 de agosto de 2017. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fai un balance positivo desta Maruxaina 2017. Tanto veciños como visitantes manifestaron a súa ledicia tras esta edición a través das diferentes redes sociais.

Os comentarios máis frecuentes falaban do ambiente familiar e afectivo que se respiraba este ano, semellando á Maruxaina de fai moitos anos, algo que din moitos, se botaba de menos.

O alcalde quere dar as grazas á Asociación Amigos da Maruxaina, que co seu traballo ao largo de todo o ano fan posible que esta festa sexa todo un éxito todas e cada unha das edicións.

Villares destaca que ao reforzarse as medidas de seguridade “desfrutamos dunha festa máis segura aínda, o que creou un ambiente máis familiar, ademais de permitir que no caso de que houbera algún incidente os vehículos de emerxencias puideran circular libremente”.

Recordamos que este luns se celebrou a XII Festa do Ovo Frito, hoxe martes e mañá mércores son as Festas Patronais de Cervo, co principal atractivo do concerto de Lucía Pérez, e o sábado temos a XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo.

Exit mobile version