Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo habilitou unha rede wifi municipal que dá servizo á área de autocaravanas da Veiga

Cervo, 08 de agosto de 2017.- O Concello de Cervo vén de habilitar unha rede wifi municipal en aberto que dá servizo á área de autocaravanas da Veiga.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes e Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, achegáronse ata a zona para supervisar cos usarios o correcto funcionamento do servizo.
Para poder navegar por internet só hai que rexistrarse a través dun correo electrónico, e directamente o usuario é reconducido á páxina web do Concello de Cervo, que dispón de completa información sobre todos os atractivos do municipio e servizos de interese para os visitantes.
Os usuarios poderán empregar tamén esta rede para facer as xestións e trámites que precisen durante a súa estancia en Cervo.
A rede dará cobertura ademais a gran parte do complexo deportivo da Veiga cando se programen actividades deportivas.
Villares sinalou que “con este novo servizo modernizamos unha área de autocaravanas que está a ter moito movemento durante os meses de verán; xa que cada vez son máis as persoas que nos visitan por este medio; e, ao tempo que lles brindamos unha ferramente necesaria hoxe en día como é a internet, convidámolos a que naveguen pola nosa páxina web, e que descubran os moitos lugares de interese que ten Cervo”.

O rexedor recordou que este mesmo verán tamén se instalaron na área de autocaravanas paneis con todo tipo de información turística e de interese para os usuarios que inclúe a localización dos diferentes puntos turísticos e servizos fundamentais do municipio.
Ademais tamén se acometeron melloras na iluminación; “conseguindo así unha zona de autocaravanas máis confortable para os visitantes; tendo en conta o éxito que está a ter verán tras verán e o beneficio que reporta tamén para o noso Concello”.
Villares recordou que durante todo o verán “o goteo de autocaravanas que chegan ata o o noso Concello é constante e por iso pensamos que estes traballos que fixemos son importantes e van dirixidos a mellorar as prestacións e a información turística para reforzar o seu confort e brindarles unha completa información sobre todo o que lles pode ofrecer o noso Concello en canto a servizos e atractivos”.

Exit mobile version