Os organizadores explicaron que “durante as mañás do verán case 120 nenos e nenas gozaron de diferentes actividades cada día: olimpíadas, xogos, kaiaks, rutas de sendeirismo, festas da auga, gimkanas, etcétera. Nenos e nenas de Foz e doutros lugares de España, que pasan as súas vacacións no noso concello esgotaron as prazas deste programa. Novas amizades, reencontros doutros anos, despedíronse onte, mércores, emprazándose para o ano que ven”.
A edil de Xuventude entregoulles aos participantes unha orla de recordo, despois de gozar de inchables, xogos e festa da escuma.