Finaliza a rodaxe (na cidade da Coruña e no Concello de Xove) deste filme protagonizado por Ademar Silvoso , Brais Yanek e Sabela Arán que recibiu apoio do Concello de Xove.
Neste pasado mes tiña lugar a rodaxe en Morás (Xove), da que enviamos fotografías.
Nove de novembro está ambientada no final dos anos 90 do pasado século, momento de cambios sociais en todo o mundo que coincidirán cos cambios emocionais dos nosos personaxes, conta a historia de Miguel e Roberto e os últimos días na súa relación de parella nos primeiros días de novembro de 1989.
Este proxecto está financiado exclusivamente por crowdfunding , inversores particulares e polo Concello de Xove; contando coa colaboración do Concello da Coruña.
A estrea terá lugar, previsiblemente a comezos de 2018.
¿De que vai Nove de Novembro?
Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comenzará a despedazarse co regreso de cada recordo.
Unha bagaxe que cada vez pesa máis irá desvelando a auténtica natureza da súa vida xuntos. Paralelamente, a máis de 2000km de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito máis grande está a punto de cambiar tamén.
No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados por un pasado común. Secretos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que parece infranqueable. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu aquela fría noite de novembro.