Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP: “Burela Bonita está sucia. Burela nunca o estivo tanto”

12.08.2017Burela, a 12 de agosto de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) burelés afirmou hoxe que “Burela Bonita está sucia, mui sucia: nunca o estivo tanto. Como grupo político non podemos silenciar ante a opinión pública o mal estado de moitas rúas de Burela e a pésima xestión que se está facendo da recollida de papel e cartón”.
Os populares fixeron hoxe sábado a mediodía un percorrido por algunhas rúas do centro de Burela, e contan cunha reportaxe de dezasete fotos, nas que se aprecia a falla de desbroce das beirarrúas, a ausencia de barrido nas rúas (mesmo apreciándose que os restos existentes na rúa son de días) e a ausencia de recollida de papel e cartón, con colectores cheos e cartón na rúa e/ou na beirarrúa.
Desde o GMP indican que “esto non é ningunha teima nosa, é a constatación da realidade nefasta do servicio de recollida de lixo e de limpeza viaria. Vimos denunciando esta situación desde primeiros de abril e semella que ninguén no concello fai caso. É tanta a desidia e o pasotismo do alcalde que mesmo na zona onde el vive, Nosa Sra. Do Carme, a maleza invade parte da acera, o que significa que non se entera”.
Para os populares, “constatar a realidade leva a unha conclusión: a esto hai que poñerlle remedio canto antes, é urxentísimo buscar solucións, e alguien tén que asumir responsabilidades”.
“E ese alguien é o alcalde. Minteu descaradamente cando dixo que Burela ía millorar coa nova empresa, tanto, que nin tan siquera está cuberta na súa totalidade o que debería ser a plantilla de traballadores en época estival”, aseguran. “No tocante á empresa, entendemos que actúa conforme ó mandado desde o goberno, pero tamén é certo que se non cumple co pliego de condicións a través do cal se lle adxudicou o servicio non debera cobrar a totalidade do importe”.

Exit mobile version