Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP burelés considera “unha cobardía e unha irresponsabilidade políticas que o alcalde non asistise a unha reunión en Santiago sobre a Lei de Saúde”

Burela, a 25 de agosto de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela asegurou que “o alcalde do noso concello non é digno de estar no cargo logo de que ontes, xoves, non acudise á unha xuntanza de alcaldes da Mariña convocada pola Consellería de Sanidade para tratar sobre a modificación da Lei de Saúde de Galicia”.
Os edís do PP indican que “o alcalde, tamén presidente da Mancomunidade, manifestou nos medios de comunicación a semana pasada que a Xunta tiña que contar cos alcaldes para facer as modificacións que pretende facer atendendo ó marco competencial que tén o goberno autonómico. Pois ben, cando foi oficialmente convocado en tempo e forma, non asistiu, o que demostra unha ausencia total de responsabilidade política e un desprecio ós cidadáns de Burela e da comarca. Non caben disculpas, o alcalde do concello onde está o hospital comarcal e que tamén é presidente da Mancomunidade tiña que estar na reunión en Santiago; ningunha outra reunión tería maior importancia. Non chega con un mandar a alguien. ‘Mister-non-teño-a-culpa’ non tén por donde collelo”. O Grupo Municipal Popular burelés, ainda estando na oposición, enviou a un dos seus membros.
Desde o GMP consideran que “a postura do alcalde, salindo nos medios pero non dando a cara onde a hai que dar, é sinónimo de cobardía e irresponsabilidade, pero tamén demostra a bipolaridade política deste home, que hoxe dí unha cousa e mañá compórtase totalmente ó revés. Ademáis, non deixa de ser chocante que esta persona lle pida diálogo á Xunta cando el con foi capaz de chegar a acordos cos de ‘Oriente’ polo pintado de Arcadio Pardiñas”.
Os populares consideran que “este home dixo no seu día que o hospital se ía desmantelar, despóis negou que se fose ampliar…; pois ben, se o que dixo durante anos sobre o hospital se demostrou que non era creíble, agora todo o que diga será menos creíble ainda, porque hai que ter a valentía suficiente para acudir a onde sexa para defender o que haxa que defender”.
“Por eso, porque nin tan siquera é capaz de defender o que di, desde o GMP de Burela, a partires de agora, decimos que o alcalde non nos representa, nin a nós, nin ós veciños de Burela, e polo tanto todo o que diga debe ser tomado coma un xesto para ocupar espacio nos medios informativos”, indican desde o GMP burelés, que remata pedíndolle ó alcalde que reflexione: “para actuar así, mellor váise para a casa”.

Exit mobile version