Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela asegura que “hai moitos desbroces pendientes de facer”

foto09.08.2017frentenovaescolainfantilsenrozarBurela, a 10 de agosto de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) burelés solicitoulle hoxe ó alcalde que “que se dea unha volta por Burela, e que tome boa nota do estado que presentan as nosas rúas e mesmo as praias, xa que hai moitos traballos sen facer en materia de desbroces”.
Desde o GMP aseguran que “a día de hoxe, e xa co verán entrando na recta final, podemos ver cómo a maleza chega cáseque ó medio das escaleiras de baixada á praia de A Marosa, ou cómo a maleza invade parte das beirarrúas na Avda. da Mariña á altura de ECESA e tamén na Rúa do Barridal, calquera das dúas bastante transitadas”.
Os edís do PP indican que “esto, antes, non se tiña producido, e tampouco se pode culpar a ninguén, como acostuma a facer o alcalde. En todo caso, o culpable é el, por non ser capaz de organizar ben o traballo, visto que o tenente de alcalde resulta ser un auténtico inepto para estas cousas”.
Os populares volven a reiterar “por enésima vez, que todo o que se nos dixo que Burela milloraría co cambio de empresa para facer a recollida de lixo e a limpeza viaria foi unha enorme mentira do alcalde, que agora non é capaz de poñer remedio ós problemas que seguen plantexando estes dous servicios, a e nova empresa xa leva catro meses e medio cos servicios, servicios que se teñen convertido nun desastre. Vímolo este sábado da Festa do Bonito, e levámolo vendo nestes últimos catro meses e medio”.
Desde o GMP consideran que “o servicio estase a facer de forma deficiente; lembramos que a factura do mes de abril abonouse sen que existiran os preceptivos informes que sobre a execución do servicio teñen que facer a empresa e os técnicos municipais. Por eso, solicitaremos os expedientes das facturas dos meses de maio, xuño e xullo, para verificar que se está cumplindo escrupulosamente co que pón o pliego mediante o que se adxudicou o servicio”.

Exit mobile version