“Facémolo dentro da nosa aposta en valor do patrimonio cultural como un factor diferencial de cada un dos municipios lucenses, capaces de xerar riqueza ao promover o turismo”, explicou García Porto. A Deputada remarcou a profunda tradición teatral que existe no Valadouro, que este ano celebra a súa 32ª edición; ademais de ter entre os seus ilustres veciños un Premio Nacional como é o actor Manuel Lourenzo, gran dinamizador cultural. Son un total de sete representacións teatrais realizadas por grupos afeccionados de Alfoz, O Valadouro, Tapia, Palas de Rei, Foz e Cervo”.
A Deputada dixo que agarda que as actividades que traemos ao Valadouro contribúan a dinamizar social e economicamente a vida municipal, aproveitando a afluencia de visitantes durante esta época estival, e que sexan, unha nova oportunidade máis para coñecer a riqueza patrimonial da Comarca, xerando, ademais, riqueza a través do impulso do sector turístico.
Programación
A programación gratuíta que financia o Goberno da Deputación no Valadouro inclúe sete representacións teatrais realizadas por grupos afeccionados. Todas as obras exhíbense no Salón de Actos do Centro Socio-Cultural, dende o 30 de agosto ata o 6 de setembro, ás 22:00 horas. O calendario é o seguinte:
– Mércores, 30 de agosto, o grupo Escouridal (Alfoz-Valadouro), representará unha obra orixinal de Pepe Peinó denominada Brancura.
– Xoves, 31 de agosto, o grupo Improvisados (Valadouro), baixo a dirección e coordinación de Ton Arenas e froito dun obradoiro de teatro afeccionado organizado polo Concello, e cofinanciado pola Deputación, no que os xoves actores aprenden a interpretar, escenificar, a traballar a voz e as distintas partes do corpo para facer un traballo escénico cun atrezzo minimalista .Nesta ocasión a peza que van a interpretar denomínase “Ao Revés..”
– O venres, 1 de setembro, tócalle o turno ao grupo de teatro Pico de Faro (Tapia) que escenificarán unha peza orixinal de Gonzalo González denominada “Borrón e Conta Nova”. Unha comedia na que se interpretará o difícil que é levar as rendas da vida mesma.
– O domingo, 3 de setembro, A Adala (Fazouro) interpreta “O que hai que ver ó volver á casa…” unha adaptación do propio grupo que trata sobre o tema da emigración no que moitos mariñáns contaban ir facer as Américas e voltaron a súa terra natal máis pobres do que se foron.
– O luns, día 4 de setembro, Metátese Teatro (Palas de Rei), interpretará o seu ultimo traballo que leva por título “O euromillón”. Un concurso musical que reúne ás mellores voces da nación e que entrega a nada desprezable cantidade de un millón de euros á voz gañadora.
– O martes, 5 de setembro tócalle o turno o grupo Axouxeres (Foz), que escenificará a súa última comedia denominada “Non casei con todos”. Unha comedia que representa a vida pura e dura a través dunha escenificación onde contaremos cun viúvo e as súas fillas e os seus xenros ós que lles fará a vida imposible.
– O mércores, 6 de setembro remata a XXXII Edición da Semana do Teatro do Valadouro cun grupo veterano O Bordelo (Cervo), que representará o seu último traballo “O malquerer”, unha comedia sobre o abandono do campo galego, o maltrato á muller e a falta de respecto e cariño cara ás persoas maiores.