Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén masculino presenta a súa nova camiseta

presentacion-indumentaria1718Burela 17-8-17. Edu, Matamoros, Luisma e Álex foron os modelos do Pescados Rubén Burela FS Masculino para presentar, esta mañá en Foz, as equipacións de Joma que lucirá o conxunto mariñán en 2017-18. O equipo de Juanma Marrube visitou a tenda de Living Sport, spónsor oficial do club; xogadores, corpo técnico e membros da xunta directiva participaron no acto no que a nova indumentaria foi o centro de todas as miradas.

O laranxa volverá reinar na primeira equipación, con camiseta, pantalón e medias. O negro, outras das referencias na imaxe do club mariñán, é a elección da segunda equipación. Os porteiros defenderán a rede burelista de verde e azul.

O equipo feminino, de Primeira RFEF, tamén presentará en sociedade a súa nova imaxe para 2017-18; o acto está previsto para finais de agosto.

Torneo Burela Bonita

Vista Alegre vestirá as súas mellores galas para acoller entre mañá e o sábado o Torneo Burela Bonita. Tras a visita a Living Sport, o equipo de Juanma Marrube trasladouse ao paseo marítimo da Rapadoira para promover entre veciños e turistas os detalles do luxoso cuadrangular que reunirá a Movistar Inter, Palma Futsal, Santiago Futsal e Pescados Rubén Burela FS.

Abono único. Por tan só 5 euros para adultos e 1 euro para menores de idade, os amantes do futsal poderán gozar de dous días e catro partidos co mellor fútbol sala nacional, ademais de coñecer todas as novidades dos equipos antes de que comece a competición ligueira. A taquilla estará aberta dende as 18.00 horas para todas aquelas persoas que aínda non se fixeron coa súa entrada.

Venres 18 de agosto

19.00 horas. Semifinal 1: Movistar Inter FS-Palma Futsal
21.00 horas. Semifinal 2: Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal

Sábado 19 de agosto

19.00 horas. 3º e 4 POSTO: Perdedor Semifinal 1-Perdedor Semifinal 2
21.00 horas. FINAL: Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2

Exit mobile version