Site icon Crónica3.com A Mariña

O próximo lunes 14 de agosto, as 9 da noite, terá lugar, na caseta, dentro das actividades da Feira do Libro de Viveiro, a presentación do libro “Xoños coma Xógaras” con letras de Xaime Oroza e Imaxes de Otero Regal

Tratase dunha edición de 130 paxinas que recolle o ultimo poemario do poeta viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas. O libro en galego foi editado pola editorial madrileña Circulo Rojo, sendo o primeiro libro en galego pola mesma. Anteriormente ambolos dous autores, xa publicaran o libro artistico “Dende Mañá”, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.

Exit mobile version