A Concellería de Cultura organiza unha nova edición do rastrillo solidario popular o vindeiro domingo, día 13 de agosto. Será na praza da Mariña de 10 a 15 horas. As persoas interesadas en acudir cos seus postos a este mercadiño poden apuntarse na Casa da Xuventude ata mañá, venres. A Concellería de Cultura ven organizando estes rastrillos solidarios o segundo domingo de cada mes.