Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro da Queimada Popular

170817 Obradoiro QueimadaO Obradoiro da Queimada celebrouse este xoves, dentro da programación dos Enredos de Verán, que dirixe a edil de Cultura, Educación e Xuventude, Dolores García Caramés. Os nenos fixeron os seus particulares carteis desta Festa declarada de Interese Turístico Galego, que celebra este sábado, 19 de agosto, a súa 39 edición. Por outra banda, recordamos que este xoves continúan as festas do San Roque en Cervo co IV Master Chef Cervo, que se desenvolverá entre as 18:00 e as 20:00 horas. O venres terá lugar o ensaio xeral da Queimada Popular, tamén en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Exit mobile version