Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Aventados e Seminario pola cultura en A Mariña

Cervo 22-8-17. Con motivo da feira do libro que se celebra en Burela este fin de semana -25-26-27- membros dos colectivos culturais de Os Aventados e Seminario Estudo Terras de Viveiro, participarán en dúas mesas redondas organizadas polo Departamento de Cultura do Concello de Burela
Baixo o título: A CULTURA COMO INVERSIÓN PRODUCTIVA, estarán Carlos Nuevo Cal, Vicente Miguez Salgueiro e Pablo Mosquera Mata, cos obxectivos seguintes:

1- A cultura é un dereito social.
2. A cultura é a mellor tarxeta de presentación para os nosos visitantes.
3. A cultura identifícanos como pobo e comunidade de cidadáns.
4. A cultura é unha fonte de coñecementos a indagar, coidar, desenvolver, conservar e organizar.

Unha vez máis, saímos en defensa do patrimonio cultural da antiga provincia de Mondoñedo, para conservalo e divulgarlo, analizando a responsabilidade de cada Institución Pública sobre algo tanxible que pertence aos galegos do norte e desde aquí para toda a humanidade.

Exit mobile version