Fernández Leiceaga sinalou que “é máis importante potenciar os hospitais públicos, e non convertelos en hospitais de segunda, con áreas sanitarias de segunda para cidadáns de segunda categoría”.
O responsable socialista lamentou hoxe que o PP vetara, na Deputación Provincial do Parlamento celebrada onte, a comparecencia do conselleiro de Sanidade para dar conta dunha reforma dirixida a “recortar a sanidade pública e suprimir catro áreas sanitarias”. Amosouse “a favor de reforzar a sanidade pública, non de recortala, porque non pode haber diferenzas na atención a cidadáns dunha e outra zona de Galicia”.
Leiceaga viaxou hoxe ata Burela para participar, xunto co presidente da Deputación de Lugo e alcaldes e portavoces socialistas, na concentración convocada polas xuntas de persoal dos centros afectados. O portavoz socialista visitou o luns o Hospital do Salnés e viaxará a próxima semana aos hospitais de Lemos e Valdeorras.
Na concentración de hoxe participaron, xunto co portavoz socialista, o viceportavoz do Grupo Parlamentario e deputado de Lugo, Luis Álvarez, o portavoz de Sanidade, Julio Torrado, os alcaldes dos concellos lugueses de Burela, Viveiro, Ourol, Trabada, Valadouro, Lourenzá, Alfoz ou Ferreira, así como representantes institucionais e políticos de toda a comarca.