Site icon Crónica3.com A Mariña

PAGAMOS MÁIS E SEGUEN ROUBANDO

A pregunta é para que pagamos impostos? Todos coñecemos a resposta, a cambio de recibir da sociedade representada polo Estado os servizos públicos que non poderiamos obter privadamente e cada un co diñeiro que aportamos. Eu cos meus impostos non me podo pagar unha sanidade nin unha educación de calidade, nin estradas, nin comunicacións, etc., pero si o xunto na chea dos meus conciudadans e temos uns bos xestores, todos saímos ganando. Ese é o fin e o fundamento de pagar impostos.
O problema é que hoxe xa nada disto é así. Cada día vémonos obrigados a pagar máis por menos. Pagamos excesivos impostos no pan que comemos, na roupa que vestimos, nos libros dos nenos e nas medicinas que necesitamos.
Que pasa entón?, que este sistema co que estabamos xeneralmente de acordo hase degradado ata darse a volta. Agora quítannos máis dos nosos exiguos ingresos para pagar débedas acumuladas por malversadores, derrochadores, pródigos e pésimos xestores cohabitantes desa estraña comparsa formada por advenedizos empresarios insaciables, caixas de aforro rexentadas polos mesmos, premiados con suculentos soldos e baixo a mirada para outro lado da clase política.
O peor de todo é que o noso Estado, ao que temos encomendado o benestar xeral, asume os desmans privados, empresariais e financeiros, e endebédanos a todos, mentres os responsables teñen os seus beneficios a recado en paraísos fiscais ou debaixo da baldosa dos testaferros. É a perversión dun sistema que funcionou razonablemente ben a partir da II Guerra Mundial e que irremediablemente lévanos a un abismo descoñecido.
Digamos que o efecto Robín Hood investiuse, agora róubase aos que menos teñen para que os ricos acumulen máis. E decía Gabriel Celaya: ¿estamos tocando o fondo?

Exit mobile version