Site icon Crónica3.com A Mariña

Para CxG, Alfredo Llano debe dimitir como alcalde

Burela 15-8-17. Pasado o ecuador do mandato e analizando polo miúdo a xestión de goberno, con maioría absoluta, temos claro que o camiño do Alcalde, por dignidade política ten que ser a dimisión. As promesas e os programas dos políticos teñen que ser un contrato coa cidadanía, cando non cumpres o contrato en calquera lado supón un cese. A continuación poñemos exemplos claros da falla de palabra do rexedor de Burela no que vai de mandato:

 Dragado do encoro de Rúa, abaratamento da auga: MENTIRA.
 Municipalización de Servizos da agua e do lixo: MENTIRA e privatización doutros servizo
municipais.
 Turismo mariñeiro: MENTIRA.
 Plan de emprego: 0,03 € por parado de inversión.
 Pasarela nas praias. MENTIRA.
 Padroado municipal de deportes: MENTIRA.
 Revisión do PXOM: MENTIRA.
 Nova EDAR: MENTIRA.
 Solo industrial: MENTIRA.
 Bono social municipal: MENTIRA.
 Construír pavillón: MENTIRA.
 Local de ensaios para grupos: MENTIRA.

Diante da inoperancia do equipo de goberno do PSOE, quizais sexa convinte cambiar ó responsable máximo no Concello, Burela está perdendo peso e forza para ser un referente na Mariña.
Aumentan os servizos externos no Concello, privatizando, e non se avanza en artellar políticas que activen a economía de Futuro para o noso pobo. Por ben á política é mellor que o Señor Llano dimita.

Exit mobile version