Site icon Crónica3.com A Mariña

Posponse para o 1 de setembro a observación astronómica que se ía realizar este mércores, á noite en Ribadeo

Desde a Concellaría de Sostibilidade Ambiental explican que “temos que pospoñer a actividade de astronomía programada para o mércores polas condicións climatolóxicas. Levarase a cabo o próximo venres, 1 de setembro, no mesmo lugar e horario, se o tempo acompaña loxicamente”. Será ás 22 horas na Praza de España e está aberta a todo o público que desexe participar. Organizan esta actividade: Concello de Ribadeo, a través da Delegación de Sostibilidade Ambiental, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Española para la Ciencia y la Tecnología.

Exit mobile version