Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiras protestas na Mariña polo cambio do mapa sanitario

HDC2Burela, 30-08-17. Traballadoras, traballadores e veciñanza da Mariña participaron este mércores na concentración convocada pola Xunta de Persoal ás 12.00 horas na entrada do Hospital da Costa e Centros de Saúde para denunciar a supresión da Área Sanitaria da Mariña.

A extinción da área sanitaria é unha das principais repercusións da aprobación do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza, que a converte nun mero distrito sanitario de Lugo.

O HULA absorberá a maior parte dos recursos sanitarios e os mariñáns deberán percorrer os 100 quilómetros de distancia coa capital aínda con maior frecuencia que agora.

Dende a Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña:

1-. Esiximos a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza.

2.- Demandamos unha área de xestión integrada para A Mariña con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada e sobre os seus recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos da área sanitaria.

3.- Demandamos un xiro de 90 graos nas políticas tendentes á progresiva deterioración da sanidade pública e a súa mercantilización porque a sanidade pública non pode ser un negocio, é un dereito e patrimonio de todos e todas que non queremos perder.

Exit mobile version